lunes, 25 de octubre de 2021

DIA INTERNACIONAL DA SAUDE MENTAL

Atención de salud mental para todos: hagámosla realidad

10 de outubro de 2021 

Comeza o outono e o verao queda xa no recordo. A  celebración do Día Internacional da Saude Mental, con un encontro con usuarios do CIIES de Vigo abre as portas das actividades de Verdear no Curso 2021-2022.

Neste encontro  realizouse unha mesa redonda sobre a visión dos usuarios nos recursos de Saude Mental, onde se ve a precariedade tanto nas instalacións como nos servizos que ofrecen, xa que non estan adaptados para recuperar a dignidade e saude mental, social, emocional das persoas, coas que traballamos, estamos a tapar buratos, para que non existan queisas sociais.


Os recursos existentes non estan adaptados o traballo educativo e social, que se debe realizar dentro deles. Estamos traballando de forma aillada, cada dispositivo na sua area e por a sua conta. Non existe unha planificación que nos axude, a mellorar a eficiencia dos recursos humanos e materiais que dispoñemos. Un diálogo aberto, sobre o devir da saúde mental e como queremos proxectala cara o vindeiro século.

Non ten as mesmas opcións un paciente da Guarda, que un do centro de Vigo.

 O persoal é insuficiente e teñen que atender casos complexos, non se chega a urxencia sanitaria en saude mental. 

O apoio as familias non é doado, atopanse en moitos casos indefesas e inseguras con respeto dos seus fillos ou familiares. Tan só cando se produce un acontecemento violento, votamos as mans a cabeza...


Dentro destas xornadas de Saude Mental, celebramos tamén o día 9 de outubro, unha homenaxe a duas persoas desaparecidas que fixeron moito por o programa Verdear. Manuel Goméz González Valadés e Fernando Conde Palomino. Asistiron familiares e amigos e se amosou unha placa conmemorativa que os recordará sempre, no noso programa.

O acto foi moi emotivo, se recitou un poema, dedicamoslle unhas cancións, e descubrimos a placa cos seus nomes.

O agradecemento das familias, encheunos a todos de ledicia e o seu recordo nos anima a continuar na busqueda de solucións para mellorar a vida das persoas con condutas adictivas e as das súas familias.

Quédanos moito por facer e unha carreira longa, a conducta adictiva está presente na nosa sociedade, forma parte das nosas vidas, relacionámonos con ela. E a responsable do cancro social e emocional en moita xente, con capacidade de contaminar os profesionais que traballamos na recuperación dunha conducta sana, creada dende a liberdade e o respeto a vida, da persoa e da sociedade.



Seve, 

Nuestro amigo, cantautor.